Festival Miña Ruliña no Centro Galego de Salamanca
O Centro Galego de Salamanca organiza o venres 1 de maio o Festival Miña Ruliña, un encontro de música folk de Galicia e Castela e León que terá lugar na localidade charra de Escurial de la Sierra.
Esta cita especial contará cunha programación á altura do evento:
- 11:00 horas no Concello: Recepción de visitantes con café e perronillas.
- 11:30 horas no Concello: Senda da auga (ruta guiada polo pobo).
- 12:30 horas na igrexa de Pilar de arriba: Pasacalles de gaitas charras e galegas.
- 13:00 horas na Praza: Mediodía folclórico coa Agrupación de Gaita, Tamboril e Acordeóns da Escola Municipal de Música e Danza de Salamanca, da Agrupación Foles e Ferreñas, do Grupo La Rosca de Escurial e do Grupo Pandeireteiras A Esmorga.
- 14:30 horas na Praza: Comida popular (7€).
- 17:30 horas na Carpa do Polideportivo: Concertos folk.
- 21:30 horas na Carpa: Sesión Folk.
O momento estrela chegará cos concertos:
- Caamaño e Ameixeiras, ás 17:30 horas.
- Trío El Naán, ás 19:00 horas.
Todas as actividades, agás a comida popular, serán gratuítas.

Evento:
Concerto
Organiza:
Centro Galego de Salamanca
Data:
01.05.2026
Hora:
11:00
Lugar:
Escurial de la Sierra
Praza Concello, 1
Escurial de la Sierra - 37762Salamanca España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






