Festival Miña Ruliña no Centro Galego de Salamanca

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

45 lecturas

O Centro Galego de Salamanca organiza o venres 1 de maio o Festival Miña Ruliña, un encontro de música folk de Galicia e Castela e León que terá lugar na localidade charra de Escurial de la Sierra.

Esta cita especial contará cunha programación á altura do evento:

  • 11:00 horas no Concello: Recepción de visitantes con café e perronillas.
  • 11:30 horas no Concello: Senda da auga (ruta guiada polo pobo).
  • 12:30 horas na igrexa de Pilar de arriba: Pasacalles de gaitas charras e galegas.
  • 13:00 horas na Praza: Mediodía folclórico coa Agrupación de Gaita, Tamboril e Acordeóns da Escola Municipal de Música e Danza de Salamanca, da Agrupación Foles e Ferreñas, do Grupo La Rosca de Escurial e do Grupo Pandeireteiras A Esmorga.
  • 14:30 horas na Praza: Comida popular (7€).
  • 17:30 horas na Carpa do Polideportivo: Concertos folk.
  • 21:30 horas na Carpa: Sesión Folk.

O momento estrela chegará cos concertos:

  • Caamaño e Ameixeiras, ás 17:30 horas.
  • Trío El Naán, ás 19:00 horas.

Todas as actividades, agás a comida popular, serán gratuítas.

Máis info: Facebook | Instagram | Web.

Festival Miña Ruliña no Centro Galego de Salamanca.
Evento: 
Concerto
Organiza: 
Centro Galego de Salamanca
Data: 
01.05.2026
Hora: 
11:00
Lugar:
Escurial de la Sierra
Praza Concello, 1
Escurial de la Sierra - 37762Salamanca
España
booked.net