Miranda reafirma o apoio da Xunta á Irmandade Galega na Suíza
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Noemí F. Mera, presidenta da Irmandade Galega na Suíza, co obxectivo de coñecer a situación da colectividade galega neste país e avanzar en novas vías de colaboración. Durante a reunión, ambos abordaron os principais retos e oportunidades da comunidade galega en Suíza, así como o papel activo que desenvolven as entidades na promoción da cultura.
Miranda trasladou o apoio da Xunta ás iniciativas impulsadas pola Irmandade Galega na Suíza, destacando o seu labor como punto de encontro e referencia para os galegos residentes no país. Neste sentido, puxo en valor o traballo das entidades no exterior como “embaixadoras da cultura galega” e reafirmou o compromiso do Goberno galego de seguir fortalecendo os vínculos coa diáspora a través das distintas liñas da Estratexia Galicia Retorna, orientadas a acompañar, apoiar e facilitar o regreso dos galegos do exterior.
Novas relacionadas




