Miranda destaca o papel das Casas de Galicia en Barcelona como “referente de galeguidade e punto de encontro da colectividade”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo coa presidenta da Asociación Casas de Galicia de Barcelona e Provincias, co obxectivo de coñecer a actividade prevista para este ano de esta entidade e reforzar as liñas de colaboración coa Xunta de Galicia. Durante a reunión, o responsable autonómico puxo en valor o labor das casas de Galicia en Cataluña como espazos fundamentais para manter viva a cultura, a lingua e as tradicións galegas fóra da comunidade, seguindo unha liña habitual de apoio ás entidades fora da comunidade.
No transcurso do encontro, abordáronse tamén as diferentes iniciativas culturais e sociais que promove a asociación, así como o seu papel como punto de referencia para a colectividade galega residente en Barcelona e a súa área de influencia. Miranda trasladou o compromiso da Xunta de seguir apoiando o traballo destas entidades, destacando que “son pezas clave para fortalecer os vínculos coa nosa terra e garantir que a galeguidade continúe viva e dinámica tamén fóra de Galicia”.
Novas relacionadas




