O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anuncia a xira de Luar na Lubre polo hemisferio sur
Santiago de Compostela (A Coruña), 20 de febreiro de 2026.
A música galega cruza o Atlántico. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anuncia aos galegos e galegas do mundo, especialmente aos que residen no hemisferio sur que, do 5 ao 14 de marzo, Luar na Lubre estará de xira nas seguintes cidades:
- Montevideo.
- Buenos Aires.
- Rosario.
- Córdoba.
- Santiago de Chile.
Unha oportunidade única para gozar dun dos mellores grupos do panorama actual do folk e das músicas de raíz celta, coa profunda identidade galega que os caracteriza.
As galegas e galegos terán preferencia para asistir aos concertos, pero as prazas son limitadas. Por este motivo, para conseguir a túa entrada, diríxete ao teu centro galego de referencia para conseguir o convite antes de que se esgoten.
Novas relacionadas




