III "Letters from Galicia" no "London Spanish Film Festival" polo décimo aniversario do Galician Film Forum

Listen to this page using ReadSpeaker
288 lecturas

O Galician Film Forum (GFF) cumpre 10 anos e faino celebrando a terceira edición da súa sección Letters from Galicia no London Spanish Film Festival.

As proxeccións terán lugar no Cine Lumière o martes 23 de setembro e no Riverside Studios o mércores 24, co seguinte programa:

  • Proxección de +Cuñados, de Luis Avilés, ás 6:15 PM.
  • Short Letters From Galicia, cunha selección de curtametraxes galegas, ás 8:00 PM.
  • Antes de Nós, de Ángeles Huerta, ás 8:15 PM (Riverside Studios)

Haberá un brinde final para os asistentes, cunha copa de viño cortesía de Méndez Rojo, para celebrar o décimo aniversario do Foro de Cine Galego.

Ademais, na xornada do mércores, o actor protagonista Xoán Fórneas participará nun coloquio.

Entradas: £16, conc. £14.

Programa completo do London Spanish Film Festival: Web.

Máis info: Facebook | Instagram.

III "Letters from Galicia" no "London Spanish Film Festival" polo décimo aniversario do Galician Film Forum
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Galician Film Forum - GFF
Data: 
23.09.2025 a 24.09.2025
Hora: 
18:15
Lugar:
Cine Lumière
17 Queensberry Place
South Kensington, Londres - SW7 2DTLondon
Reino Unido
booked.net