A Xunta reforza o compromiso ambiental da mocidade galega do exterior no campamento vilanovés das Sinas a través de ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo de relevo que este voluntariado “é unha maneira de coidar Galicia e, ao tempo, de proxectar a súa cultura e valores máis alá das nosas fronteiras”.
O programa Conecta co Voluntariado, impulsado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral da Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, ofrece 50 prazas nesta nova edición.
A iniciativa permite aos mozos e mozas da diáspora reencontrarse coas súas raíces ao tempo que contribúe de maneira activa á protección do patrimonio natural e cultural.
A Xunta reforza o compromiso ambiental da mocidade galega do exterior no campamento vilanovés das Sinas a través de ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’
A Xunta reforza o compromiso ambiental da mocidade galega do exterior no campamento vilanovés das Sinas a través de ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’
A Xunta reforza o compromiso ambiental da mocidade galega do exterior no campamento vilanovés das Sinas a través de ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’
A Xunta reforza o compromiso ambiental da mocidade galega do exterior no campamento vilanovés das Sinas a través de ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’
A Xunta reforza o compromiso ambiental da mocidade galega do exterior no campamento vilanovés das Sinas a través de ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e polo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, visitou hoxe os mozos que participan no campamento ambiental das Sinas dentro do programa Conecta co Voluntariado en Galicia 2025. Durante a xornada, a trintena de participantes —procedentes de países como A Arxentina, Venezuela, O Uruguai, O Brasil, Cuba ou Panamá— realizaron labores de limpeza na praia e no mar, contribuíndo así á mellora e conservación da ría de Arousa.
Rodríguez Miranda puxo en valor a importancia deste voluntariado. Fixo fincapé en que “é unha maneira de coidar Galicia e, ao tempo, de proxectar a súa cultura e valores máis alá das nosas fronteiras”.
O programa Conecta co Voluntariado, impulsado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral da Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ofrece nesta edición 50 prazas —40 para galegos do exterior e 10 para residentes en Galicia— en dúas modalidades: este campo de voluntariado ambiental da ría de Arousa e outro cultural no castro de Viladonga, no concello lucense de Castro de Rei.
A iniciativa, que se desenvolve entre o 26 de agosto e o 6 de setembro, busca favorecer o reencontro da mocidade galega da diáspora coa súa terra de orixe a través da participación en actividades sociais, ambientais e culturais, ao tempo que promove a convivencia coa mocidade residente en Galicia.
Novas relacionadas



