Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas en Cuba a súa implicación para facer posible o desenvolvemento dos programas da Xunta en prol dos galegos na Illa

Miranda reuniuse co presidente da Federación, Sergio Toledo, a quen pediu que trasladase a felicitación ao seu equipo da Oficina de Atención Social e a todos os coordinadores na Illa que fan posible as xestións das axudas económicas individuais a máis de 4.000 familias galegas durante o pasado ano.

Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas en Cuba a súa implicación para facer posible o desenvolvemento dos programas da Xunta en prol dos galegos na Illa
Miranda agradece á Federación de Sociedades Gallegas en Cuba a súa implicación para facer posible o desenvolvemento dos programas da Xunta en prol dos galegos na Illa
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 24 de febreiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu ao presidente da Federación de Sociedades Gallegas en Cuba, Sergio Toledo, a implicación da entidade para facer posible o desenvolvemento dos programas da Xunta en prol dos galegos e galegas na Illa.

Durante o encontro, Miranda pediu a Toledo que estendese a súa felicitación ao equipo da Oficina de Atención Social e a todos os coordinadores e coordinadoras en Cuba que foron fundamentais na xestión de axudas económicas individuais, beneficiando o pasado ano a máis de 4.000 familias galegas en Cuba. Estas mesmas axudas, están en proceso de tramitación desde o pasado 12 de febrero, deste mesmo ano.

Este encontro subliña o compromiso continuo da Xunta e da Federación de Sociedades Gallegas en Cuba para preservar e promover a cultura e o benestar da comunidade galega na Illa.

Dende a súa fundación en 1991, a Federación ten como obxectivo principal a unión e colaboración entre as asociacións galegas en Cuba. Entre os seus fins destacan a consolidación dos lazos de irmandade co pobo de Cuba e a promoción dos intercambios sociais, artísticos, culturais, científicos, deportivos e económicos con outras comunidades galegas ao redor do mundo, especialmente con Galicia.

528 lecturas