Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
2217 lecturas
Información e acceso aos formularios para cumprimentar a solicitude.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 26 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas cincuenta (250) “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior” (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade pública galega (Código do procedemento: PR911A).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
22.01.2025
Estado: 
Procedemento pechado

OBXECTO:

Ofertar ás persoas galegas universitarias residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade pública galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega enriquézase cos seus coñecementos e experiencias profesionais internacionais.

CARACTERÍSTICAS

  • 250 bolsas de excelencia
  • Másteres ofertados polas Universidades de:
    • Vigo (campus: Vigo, Ourense e Pontevedra)
    • A Coruña (campus: A Coruña e Ferrol)
    • Santiago de Compostela (campus: Santiago e Lugo)
  • Áreas:
    • Artes e Humanidades
    • Ciencias
    • Ciencias da Saúde
    • Ciencias Sociais e Xurídicas
    • Enxeñaría e Arquitectura
  • Cada universidade ten os seus propios prazos de Matrícula.
  • Condicións da concesión da bolsa: estar matriculado/a nun máster dun mínimo de 60 créditos ECTS, na modalidade presencial ou semipresencial e que se imparta o Título Oficial de Máster para o que se realizou a matrícula.
  • Esta axuda é incompatible con calquera outra beca ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar os estudos de máster oficial.
  • Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
  • Anualidades:
    • Máster 60 créditos:  curso 2025/2026
    • Máster 90 créditos: cursos 2025/2026 y 2026/2027

PERÍODO DE DESFRUTE, DOTACIÓN E PRAZOS DE ABONO:

Créditos ECTS Nº cursos Período desfrute Dotación Europa Abono Dotación Resto Países Abono
60 – 72 1 Curso 2025/2026 8.000 €

1º prazo: 6.000€

2º prazo: 2.000€

8.500 € 1º prazo: 6.000€
2º prazo: 2.500€
90 1,5

Curso 2025/2026

Curso 2026/2027

11.750 €

1º prazo: 6.000€

2º prazo: 2.000€

3º prazo: 3.750€

12.500 €

1º prazo: 6.000€

2º prazo: 2.500€

3º prazo: 4.000€

  • Co importe da bolsa a persoa beneficiaria deberá afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster (matricula universidade, viaxe desde o seu país de procedencia, aloxamento e manutención en Galicia).

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas galegas residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao,  licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

REQUISITOS

  • Ser menor de 40 anos
  • Estar en posesión da nacionalidade española
  • Residir fóra de España
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude
  • Estar vinculado a Galicia dalgunha destas maneiras:
  1. Ser emigrante nacido/a en Galicia.
  2. Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero residir en Galicia de forma continuada durante cinco (5) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
  3. Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nada en Galicia.
  • Finalizar e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica ou outro declarado equivalente de forma expresa.
  • Estar matriculado/a no curso 2025/26 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial ou semipresencial.
FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder

 

Outra documentación para consultar:

  • Texto completo da convocatoria no DOG (picar aquí para consultar)
  • Extracto da convocatoria no DOG (picar aquí para consultar)
  • CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade pública galega (código de procedemento PR911A) (picar aquí para consultar)

Máis info:

FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que figura como anexo II da resolución a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
30.04.2025