Rueda invita á mocidade do exterior a retornar a Galicia co apoio das bolsas BEME, que se estenderán aos estudos de grao o próximo curso
O presidente da Xunta visitou o Centro Espanhol de Santos.
Pon en valor que a Estratexia Retorna da Xunta conta con ata 100 medidas, co obxectivo de favorecer o regreso duns 30.000 galegos do exterior ata o 2026.
Avanza que o próximo ano se potenciará o programa Retorna Cualifica Emprego, que combina un contrato de traballo con formación e axudas para establecerse.
Rueda achegarase tamén ata a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio - Casa de Espanha de São Paulo.
Rueda invita á mocidade do exterior a retornar a Galicia co apoio das bolsas BEME, que se estenderán aos estudos de grao o próximo curso
Rueda invita á mocidade do exterior a retornar a Galicia co apoio das bolsas BEME, que se estenderán aos estudos de grao o próximo curso
Rueda invita á mocidade do exterior a retornar a Galicia co apoio das bolsas BEME, que se estenderán aos estudos de grao o próximo curso
Rueda invita á mocidade do exterior a retornar a Galicia co apoio das bolsas BEME, que se estenderán aos estudos de grao o próximo curso
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor as medidas para favorecer o retorno postas en marcha polo Goberno galego, e convidou de forma específica á mocidade a aproveitar estas políticas. Entre outras accións, recordou que teñen á súa disposición as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que o próximo curso se estenderán tamén aos estudos de grao a través dunha iniciativa piloto.
Así o sinalou hoxe durante a súa visita ao Centro Espanhol de Santos, no que estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Alí recordou que as BEME levan beneficiado desde 2017, ano no que se puxeron en marcha, a uns 2.000 mozos e mozas, dos que unha gran parte quedan en Galicia. A través destas bolsas, ofrécese financiamento e apoio a persoas retornadas que veñan a Galicia a estudar un máster, Formación Profesional ou, a partir do próximo curso, un grao.
Rueda tamén puxo en valor outra das medidas nesta materia: o programa Retorna Cualifica Emprego, que o próximo ano se potenciará. Esta iniciativa consiste en favorecer a volta a Galicia da man dun contrato de traballo, combinado con formación e axudas para establecerse.
Estas medidas forman parte da Estratexia Retorna 2023-2026, que inclúe apoios en materia de vivenda, emprendemento ou asesoramento. En total, esta folla de ruta está composta por 100 medidas co obxectivo de favorecer o regreso duns 30.000 galegos ata o final da súa vixencia. Cómpre lembrar que, grazas á anterior Estratexia, volveron á comunidade unhas 28.000 persoas da Galicia exterior.
Na súa intervención, Rueda tamén eloxiou o traballo de toda a colectividade do exterior, e púxoos como exemplo de compromiso coa terra e de integración coa sociedade de acollida.
Visita á Sociedade Hispano Brasileira-Casa de Espanha de São Paulo
Logo desta visita en Santos, o presidente desprazarase ata São Paulo para reunirse coa colectividade da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio - Casa de Espanha co obxectivo de trasladarlles todo o apoio da Xunta.
Novas relacionadas



