A Xunta tende pontes co museo marítimo ‘Ingeniero Cerviño’ polo protagonismo da emigración galega na súa ampla mostra do patrimonio náutico arxentino

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2024.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, vén de reunirse co director do Museo Marítimo Ingeniero Cerviño de Bos Aires, Horacio Guillermo Vázquez, co gallo de tender pontes con esta institución que pon en valor a emigración galega no marco da súa ampla mostra do patrimonio náutico arxentino.

No encontro deixouse patente a contribución da nosa diáspora ao progreso de países como a Arxentina, tamén no eido naval. Cómpre sinalar que o patrimonio deste museo componse por pezas doadas por particulares, por acervo propio da Escola Nacional de Náutica Manuel Belgrano e por unha importante cantidade de obxectos pertencentes a distintas frotas mercantes, incluídos modelos de buques, cadros, esculturas, cofres, bandeiras, escudos, mobiliario, uniformes, cartografía, armas de época e literatura mariñeira, entre outras.

274 lecturas