Rodríguez Miranda destaca o compromiso da mocidade galega no exterior como fundamental para fortalecer os lazos coa nosa terra

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, recibe no aeroporto de Alvedro aos beneficiarios do programa Conecta co Voluntariado.

Esta iniciativa, financiada pola Xunta, está destinada á mocidade galega no exterior e ofrece a posibilidade de que coñezan fisicamente a terra dos seus ancestros.

  • Rodríguez Miranda destaca o compromiso da mocidade galega no exterior como fundamental para fortalecer os lazos coa nosa terra
    Rodríguez Miranda destaca o compromiso da mocidade galega no exterior como fundamental para fortalecer os lazos coa nosa terra
  • Rodríguez Miranda destaca o compromiso da mocidade galega no exterior como fundamental para fortalecer os lazos coa nosa terra
    Rodríguez Miranda destaca o compromiso da mocidade galega no exterior como fundamental para fortalecer os lazos coa nosa terra
  • Rodríguez Miranda destaca o compromiso da mocidade galega no exterior como fundamental para fortalecer os lazos coa nosa terra
    Rodríguez Miranda destaca o compromiso da mocidade galega no exterior como fundamental para fortalecer os lazos coa nosa terra
Listen to this page using ReadSpeaker
Alvedro (A Coruña), 29 de agosto de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, recibiu hoxe no aeroporto de Alvedro aos beneficiarios do programa Conecta co Voluntariado, unha iniciativa destinada á mocidade galega residente no exterior.

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ofrece a 20 participantes a oportunidade de coñecer Galicia a través de actividades de voluntariado, que se realizarán no campo de traballo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, Lugo, entre hoxe, 29 de agosto e o 9 de setembro.

Durante a recepción, o secretario xeral destacou a importancia desta iniciativa para fortalecer os vínculos dos mozos galegos no exterior coa súa terra de orixe, ao mesmo tempo que contribúen á mellora ambiental e á recuperación do patrimonio cultural de Galicia.

Tamén subliñou o valor das actividades de convivencia, formación e tempo libre que complementan o traballo voluntario, creando unha experiencia enriquecedora tanto para os participantes como para as comunidades locais.

O programa Conecta co Voluntariado, que ofrece a posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus ancestros para moitos destes mozos, está financiado pola Xunta, que se encarga da organización da viaxe, incluíndo os traslados e a manutención dos participantes durante a súa estadía en Galicia.

409 lecturas