Listaxes definitivas das persoas solicitantes admitidas e excluídas do procedemento para a participación no programa Conecta co Camiño 2024
LISTAXES DEFINITIVAS DAS PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DO PROCEDEMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA CO CAMIÑO (PR930D) 2024, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 8 DE ABRIL DE 2024 (DOG NÚM. 76, DO 17 DE ABRIL).
En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 8 de abril de 2024 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CO CAMIÑO, e convoca as do ano 2024, á vista das alegacións e documentación remitida, publícanse as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas por países, modalidade de pagamento e opción de regreso. Estas listaxes publicaranse, así mesmo, nas delegacións da Xunta de Galicia e demais entidades colaboradoras.
Naqueles casos nos que o número de solicitudes admitidas en cada país e opción de financiamento supere o número de prazas ofertadas (anexo I da resolución da convocatoria), a selección realizarase de conformidade cos criterios de prelación establecidos no artigo 11: grao de parentesco coa persoa emigrante, idade e en caso de empate con primeiro apelido a partir da letra “H”. As vacantes, ofertadas a residentes en zonas onde non se presentou ningunha solicitude, distribuiranse pola Secretaría Xeral da Emigración segundo o disposto nese mesmo apartado.
A relación de persoas beneficiarias publicarase na web o máis axiña posible.
A partir da data da publicación disporán de 7 días para modificar a opción de regreso ou desistir da solicitude, respectando en todo caso, as dúas previstas na resolución da convocatoria: o día de finalización da actividade ou 15 días despois.
As listaxes pódense descargar pulsando no recadro que corresponda:
| PAÍS | LISTAS PARA DESCARGAR |
|---|---|
| Arxentina | Descargar |
| Brasil | Descargar |
| Cuba | Descargar |
| Uruguai | Descargar |
| Venezuela | Descargar |
| Resto de América | Descargar |



