Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas do procedemento para a participación no programa Conecta co Camiño (PR930A) 2024, convocado pola resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 8 de abril do 2024 (DOG Núm. 76 do 17 de abril)

Listen to this page using ReadSpeaker
516 lecturas
Listaxes para descargar
Estado: 
Procedemento pechado

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS DO PROCEDEMENTO PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA CONECTA CO CAMIÑO (PR930A) 2024, CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 8 DE ABRIL DO 2024 (DOG NÚM. 76 DO 17 DE ABRIL)

En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 8 de abril de 2024 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación do programa CONECTA CO CAMIÑO, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas por países, sinalando, no seu caso, a documentación que debe achegar ou emendar ou a causa de exclusión, así como o correspondente artigo da Resolución incumprido.

A fin de facilitar a lectura, os solicitantes aparecen por orde alfabética. As listaxes poden descargarse pulsando na cadro que corresponda:

PAÍS LISTAXES DATA PUBLICACIÓN PRAZO DE EMENDA DE SOLICITUDE
ARXENTINA Descargar 7 de xuño de 2024 Ata o 17 de xuño de 2024
BRASIL Descargar 7 de xuño de 2024 Ata o 17 de xuño de 2024
COSTA RICA Descargar 11 de xuño de 2024 Ata o 21 de xuño de 2024
CUBA Descargar 7 de xuño de 2024 Ata o 17 de xuño de 2024
URUGUAI Descargar 7 de xuño de 2024 Ata o 17 de xuño de 2024
VENEZUELA Descargar 7 de xuño de 2024 Ata o 17 de xuño de 2024


Os documentos que se acheguen para completar o expediente e os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia na que presentou a solicitude, que será a encargada da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. Ou, de non existir algunha preto da localidade de residencia, no rexistro xeral do Consulado de España mais próximo.

Data de publicación: 
07.06.2024
Data fin de prazo: 
17.06.2024
Convocatoria asociada: