Fuentes para la Historia de la “quinta provincia”: el Archivo de la Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Artigo de Ruy Farías publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid.
Resumo:
No balance dos séculos XIX e XX, a República Arxentina foi o máis importante destino mundial das migracións orixinadas en Galicia. A súa capital, Bos Aires, foi ademais durante polo menos cinco décadas da pasada centuria a cidade coa maior cantidade de galegos do planeta. Nela xestaron un vasto tecido institucional do cal, dende 1921, formou parte a Federación de Asociaciacións Galegas da República Arxentina. Co paso do tempo a devandita entidade xerou unha enorme e valiosa masa de documentación que, xunto á de varias sociedades microterritoriais galegas e a do extinto Centro Republicano Español de Buenos Aires, conforman un impresionante acervo documental. No presente escrito analízanse a composición e características dos fondos do arquivo da Federación, ao mesmo tempo que se ofrece unha interpretación do valor dos mesmos e as posibilidades que ofrecen á investigación das migracións e o exilio galego na Arxentina.


