La grabación de música gallega y asociada a ella en Buenos Aires (1907-2015)

La grabación de música gallega y asociada a ella en Buenos Aires (1907-2015)

Artigo de Norberto Pablo Cirio publicado na revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da Universidad Complutense de Madrid
Resumo:
A partir de documentos e información rexistrados polo autor desde 1996 preséntase un panorama da gravación de música galega e asociada a ela en Bos Aires entre 1907 e 2015, cuxa cifra ascende a 1540 rexistros. O artigo analiza as estratexias multidireccionais entre o mercado discográfico local, o desta colectividade e o da Galicia territorial. Dáse conta dos selos discográficos propios, a ducia de soportes existentes e os tipos de conformacións instrumentais en que poden clasificarse os 289 grupos e solistas existentes no país desde 1878 desde un punto de vista cuantitativo e cualitativo e en perspectiva diacrónica. As conclusións elabóranse tendo en conta as características desta fonte primaria e atendendo á atribución do significado simbólico dos produtores e consumidores desta música no marco da migración galega á Arxentina.

ISBN: 
ISSN: 1138-9664 - DOI: https://doi.org/10.5209/MADR.56218
Autor: 
Norberto Pablo Cirio
Ano publicación: 
2017
Idioma: 
Español
Editorial: 
Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Vol. 20 Núm. Esp. (2017): Número especial: Los estudios gallegos en tiempos de cambio y transformación: de Buenos Aires a Galicia
484 lecturas