O Centro Galego de Mallorca celebrou o Día de Galicia
Palma de Mallorca, 31 de xullo de 2017.
O Centro Galego de Mallorca celebrou o Día de Galicia 2017 o pasado 25 de xullo. A festividade comezou coa procesión do Santo Santiago ata a igrexa de Can Pastilla, onde se celebrou unha misa cantada pola coral da parroquia, que estivo acompañada polos gaiteiros do grupo Anaquiños. Á saída, na praza, os gaiteiros interpretaron varias pezas para deleite do público asistente. Seguidamente, xa na sede social, continuou a festa cun xantar de irmandade ao que asistiron os presidentes e presidentas das casas rexionais asentadas na illa e as e os socios que aínda non se foran de vacacións a Galicia.
Fonte: Centro Galego de Mallorca | Fotos: Última Hora
Novas relacionadas










