A Cámara Oficial de Comercio de España en Gran Bretaña convoca o 'Programa Jóvenes 2016'

'Programa Jóvenes' 2016 en Gran Bretaña
'Programa Jóvenes' 2016 en Gran Bretaña
Listen to this page using ReadSpeaker
Londres, 29 de febreiro de 2016.

A Cámara de Comercio Oficial de España en Gran Bretaña ten aberta a convocatoria do ‘Programa Jóvenes 2016‘, un programa gratuíto de asesoramento laboral para que as mozas e os mozos españois residentes en Reino Unido poidan mellorar as súas perspectivas profesionais.

Subvencionado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o obxectivo principal deste novo proxecto é facilitar a procura de emprego das mozas e os mozos españois para impulsar as súas carreiras profesionais. Ademais, o programa tamén pretende mellorar as perspectivas laborais daquelas e daqueles que se atopan realizando traballos por baixo das súas cualificacións.

Que ofrece o ‘Programa Jóvenes 2016’
O ‘Programa Jóvenes 2016‘, organizado pola Cámara Oficial de Comercio de España en Gran Bretaña, ofrece ás e aos mozos españois asesoramento personalizado para que poidan mellorar a súa situación laboral. Así pois, entre os servizos do proxecto destacan os seguintes:

  • Coaching individualizado para incrementar as opcións de atopar traballo:
    -Identificación de obxectivos profesionais
    -Definición dunha estratexia de procura de emprego
    -Elaboración e mellora do CV e carta de motivación
    -Preparación de entrevistas de traballo
    -Talleres e charlas dirixidas a mellorar as opcións de emprego e perfil profesional
  • Acompañamento no proceso de posta en marcha de proxectos empresariais de emprendedoras e emprendedores:
    -Asesoramento sobre aspectos a ter en conta para constituír unha empresa, posibilidade de recibir asesoramento especializado (legal/contable) e aproveitamento de sinerxias coa experiencia da Cámara
    -Asesoramento xurídico
  • Información xeral sobre distintos aspectos da vida no Reino Unido: Trámites administrativos, formacións, sanidade, etc., a través da Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada
  • Cursos de inglés para mellorar o coñecemento do idioma

Requisitos para o ‘Programa Jóvenes 2016’
Os requisitos para solicitar o ‘Programa Jóvenes 2016’ son os seguintes:

  • Ter a nacionalidade española
  • Ser menor de 35 anos
  • Estar rexistrado/a no Consulado español no Reino Unido

Prazo de inscrición do ‘Programa Jóvenes 2016’

O prazo para solicitar a axuda deste programa é do 1 de marzo ao 31 de maio de 2016. As persoas interesadas deben inscribirse na web da Cámara Oficial de Comercio de España en Gran Bretaña.

 

Fonte: www.eliberico.com

842 lecturas