A cara galega da educación na Gran Mazá

Carmen Fariña será a nova responsable de Educación na cidade de Nova York tras ser elixida polo alcalde De Blasio.

A profesora galega Carmen Fariña, durante un recente acto en Nova York
A profesora galega Carmen Fariña, durante un recente acto en Nova York
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 31 de decembro de 2013.

A educadora Carmen Fariña, filla dun emigrante de orixe galega, será a responsable do sistema de educación da cidade de Nova York, segundo anunciou onte o alcalde electo, Bill de Blasio. Fariña é unha figura "lendaria" no mundo educativo da cidade "polos seus logros", afirmou De Blasio ao anunciar o nomeamento nunha escola de Brooklyn, informa EFE.

Carmen Fariña, de 70 anos e cunha carreira de catro décadas no sistema educativo da cidade, na que chegou a ser responsable adxunta, deixará temporalmente a xubilación para dirixir un sistema de 1.700 escolas e 1,1 millóns de estudantes.

A nova responsable de educación da cidade destacou a importancia pedagóxica de que as persoas inmigrantes falen aos seus fillos e fillas na súa lingua materna, aínda que non sexa o inglés. Manter na casa a segunda lingua "é moi importante", recalcou, quen engadiu que "hoxe estou agradecida aos meus pais" por educarlle en español na casa.

"Falar dous idiomas non é un déficit, é unha bendición", insistiu Carmen Fariña. A educadora recordou o seu pai, de orixe galega, do que dixo que foi o seu "heroe" por insistirlle en que a educación era prioritaria para saír adiante e progresar nos Estados Unidos.

De Blasio explicou que se decidiu por Fariña, coa que colaborou dende hai anos, porque "a educación que damos aos nosos fillos importa agora máis que en calquera outro momento da historia".

 

Fonte e foto: Faro de Vigo

1072 lecturas