O grupo Anduriña representou unha obra de Castelao en Badalona

Organizado pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona, o conxunto de teatro Anduriña da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá puxo en escena o pasado sábado a obra do inmortal rianxeiro "Os Vellos non deben de namorarse".

Con anterioridade á representación teatral, o profesor Xosé Carlos García pronunciou unha conferencia sobre Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo homenaxeado na presente edición do Días das Letras Galegas.

'Os vellos non deben de  namorarse', de Alfonso D. Rodríguez Castelao, foi escrita en Nova York e estreada en Bos Aires en 1941
"Os vellos non deben de namorarse", de Alfonso D. Rodríguez Castelao, foi escrita en Nova York e estreada en Bos Aires en 1941
Listen to this page using ReadSpeaker
Badalona, 9 de xuño de 2013.

Celebrouse con grande asistencia de público a representación da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse que o grupo de teatro Anduriña, da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá, dirixido por Amelia López, interpretou maxistralmente no Centre Civic La Salut de Badalona, invitados por os amigos e amigas galegos da A.C.G. Agarimos de Badalona co gallo da celebración nesta cidade do Día das Letras Galegas 2013.

Transcurriu o evento coa recepción de autoridades e persoas invitadas por parte da Banda de Gaitas de Agarimos que interpretaron marcialmente varias obras do seu repertorio, para pasar a glosar a obra do homenaxeado Roberto Vidal Bolaño por parte do profesor Xosé Carlos García, quen informou detalladamente os pormenores da obra e vida do autor intercalando espacios musicais interpretados por o cantautor galego Alfredo González Vilela (Negra Sombra, Alalá das Mariñas, Himno a Rosalia, etc.), e o acto continuou coa representación teatral e interpretación das partes musicadas para a mesma polo cantautor.

O numeroso público aplaudiu insistentemente a boa profesionalidade dos actores e actrices e a sua dirección, e todas e todos xuntos saudaron ao público como retrato final.

 

 

 

Fonte: Facebook A C G Rosalía de Castro
 

1078 lecturas