Santaballa usa a escola habaneira para mostrar o legado indiano e educativo
O edificio levantado por impulso de residentes en Cuba reflicte as aulas e o peso da emigración hai décadas.
A escola habaneira de Santaballa ten agora, case 100 anos despois da súa construción, un uso que segue sendo didáctico aínda que a función docente non sexa a mesma que a que empezou a prestar nas primeiras décadas do século pasado.
Unha aula que mostra mobiliario e dotacións como as de fai case un século e senllos cuartos concibidos como réplicas de estanzas da vivenda da ou do mestre -a cociña, un dormitorio e un despacho- foron habilitadas e acondicionados na primeira planta do edificio, onde outra sala acolle documentos relacionados coa Liga Santaballesa, sociedade que se fundou na Habana en 1907 por impulso de emigrantes e que tivo entre os seus primeiros obxectivos a construción do edificio escolar que aínda segue en pé.
Amigos da Liga Santaballesa traballa hoxe para manter e ampliar ese legado. Así, na última planta do edificio exhíbense fotografías, folletos e prensa das décadas nas que a emigración a América era habitual.
Novas relacionadas



