A Xunta destina preto de 5 millóns de euros para proxectos de educación para o desenvolvemento, cooperación exterior e consolidación de ONGD

Un total de 4.326.000 euros van destinados á execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior polas ONGD.

Outros 480.000 subvencionan 21 proxectos de educación para o desenvolvemento.

Listen to this page using ReadSpeaker
10 de xullo de 2012.

Cooperación Galega - Xunta de Galicia.A Xunta destina 4.806.000 a un total de 52 propostas que se dividen en proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior, consolidación e fortalecemento de ONGD e en proxectos de educación para o desenvolvemento.

Tal e como recolleu o Diario Oficial de Galicia, destinaránse 4.320.000 millóns a propostas destinadas á execución de proxectos e de microproxextos de cooperación para o desenvolvemento. Por outra banda, adxudícanse 480.000 euros a proxectos de educación para o desenvolvemento por parte das ONGD.

O obxectivo destas axudas é promover a concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza, a formación sobre o desenvolvemento, a investigación e movilización social para crear redes de solidaridade na nosa sociedade; así como o fortalecemento e mellora das capacidades técnicas dos axentes de cooperación.

Dentro dos proxectos de cooperación subvencionados atopamos 21 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior por ONGD; 6 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior por outros axentes de cooperación tales como universidades, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior e 4 microproxectos de cooperación.

Por outra banda, no tocante aos proxectos de educación, hai 15 destinados a actividades de educación para o desenvolvemento e 6 para axudas para a consolidación e fortalecemento de ONGD.

Este tipo de convocatorias enmárcanse no II Plan Director da Cooperación Galega, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia. Na procura de dar cumplimento aos seus obxectivos, a Xunta aposta por unha cooperación máis selectiva que redunde nunha maior visibilidade da Cooperación Galega así como pola educación para o desenvolvemento da sociedad e polo fortalecemento do sistema galego de cooperación, a través da mellora das capacidades técnicas e operativas dos axentes de cooperación.

1227 lecturas