O Festival de cine de Ourense céntrase na emigración

Listen to this page using ReadSpeaker

A emigración estará moi presente na XVI edición do Festival de Cine de Ourense que terá lugar entre o 14 e o 23 de outubro. As obras presentadas buscan a reflexión do espectador, e promover a acción para cambiar o mundo, segundo manifestaron os organizadores desta edición. Un total de 2000 traballos participarán este ano no certame, entre os que se inclúen 10 longametraxes, 13 obras documentais, 45 curtametraxes 29 de animación e Novos Media.

Diego López, administrador do festival, espera que os espectadores "gocen acudindo ás salas, emocionándose e reflectindo o que estas caras mostran". Pola súa banda, Isabel Pérez, a presidenta do Consorcio do Festival de Cine manifestou que a selección oficial dos proxectos apela á «emoción, á intelixencia emocional do público co tema Tócache, utilizando o dobre sentido da palabra tocar como tocar fisicamente pero tamén apelar a tocarme no corazón ou che toca facer algo".e

 

Fonte: La Voz de Galicia

1189 lecturas