O Valadouro e Alfoz homenaxean á centenaria "Sociedad Hijos del Valle de Oro"

A entidade foi creada Na Habana Vieja na época da diáspora galega ata América.

Listen to this page using ReadSpeaker
24 de agosto de 2010.

Ata outubro, os concellos de Alfoz e O Valadouro levarán a cabo distintas actividades vinculadas coa emigración nunha homenaxe á centenaria "Sociedade de Instrución e Recreo Hijos del Valle de Oro", que cumpre 101 anos. A entidade foi creada Na habana Vella na época da diáspora galega ata América.

Os actos desenvólvense baixo o título "Homenaxe á Sociedade Hijos del Valle de Oro" e empezaron este xoves cunha conferencia titulada «Que lle debe Galicia á emigración?» levada a cabo polo escritor Xosé Neira Vilas.

Aínda dentro das actividades en homenaxe aos emigrantes, esta semana abriuse o prazo de presentación para o certame de ilustración «A emigración». Os candidatos deben presentar os seus traballos ata o próximo 30 de outubro.

A Sociedade "Hijos del Valle de Oro" foi fundada por un total de 27 emigrantes do Valadouro e Alfoz, xunto con outros das parroquias próximas de San Acisclo, Santa Cilla, Mondoñedo e Viveiro. A sociedade realizou un importante labor social, axudando na construción de escolas e na rehabilitación de igrexas.

1825 lecturas