Listado provisional de admitidos e excluidos do programa "Reencontros na casa" 2010
De acordo co disposto na base sétima da convocatoria publicase a relación provisional de admitidos e excluídos, entendendo como solicitudes admitidas aquelas que levan a mención “COMPLETO” na columna ESTADO TRAMITACION. Todas as demais están provisionalmente excluídas, sinalando na columna BASE QUE INCUMPRE e OBSERVACIÓNS a base e os motivos de incumprimento, aos efectos de identificar os documentos que se requiren. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude, para o que poderán utilizar o impreso de remisión de documentación/formulación de alegacións que se achega. Transcorrido ese prazo sen que se emenden as causas de exclusión considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os solicitantes poderán consultar o texto completo dos artigos áo final desta páxina. Asi mesmo para aqueles que desexen aportar documentación suxírese usar o modelo que se xunta.
| País | Data de Publicación | Prazo para formular alegacións | Listado |
|---|---|---|---|
| Uruguai | 27 de abril de 2010 | 10 de maio de 2010 (inclusive) | Descargar |
| Arxentina | 28 de abril de 2010 | 11 de maio de 2010 (inclusive) | Descargar |
| Cuba | 29 de abril de 2010 | 12 de maio de 2010 (inclusive) | Descargar |
| Brasil | 29 de abril de 2010 | 12 de maio de 2010 (inclusive) | Descargar |
| Venezuela | 03 de maio de 2010 | 14 de maio de 2010 (inclusive) | Descargar |
Para formular alegacións ou aportar documentación para a emenda da solicitude, NO CASO DE URUGUAI, CUBA, BRASIL e VENEZUELA débese empregar este modelo (DOC / PDF).
Para formular alegacións ou aportar documentación para a emenda da solicitude, NO CASO DE ARXENTINA, débese empregar este modelo (DOC / PDF).
Proximamente publicaranse as listas definitivas de admitidos e exluidos e, posteriormente, as listas de seleccionados e reservas.



