Programa de viaxes "Reencontros na casa" para residentes no exterior 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
1770 lecturas
O programa Reencontros na casa está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome: Programa "Reencontros na casa".

Destinatarios:

Poderán ser solicitantes deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser emigrante galego.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Residir en América.
  • Ter cincuenta e cinco anos ou máis de idade contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
  • Que poidan valerse por si mesmos e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.
  • Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan  residir durante a súa estancia en Galicia.
  • Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das pensións asistenciais por ancianidade do Estado español, fixado no ano da convocatoria para o país de residencia.
  • Persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos emigrantes galegos solicitantes do programa.
  • Tamén poderán ser solicitantes os fillos/as de emigrantes galegos que teñan a condición de galego.

Características:

  • A condición de beneficiario/a deste programa quedará supeditada ao pagamento, dentro do prazo establecido no seu momento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión.
  • Os participantes poderán permanecer cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, e serán pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivado da súa estancia en Galicia.
  • Os beneficiarios/as deberán ingresar, na axencia de viaxes designada, a parte que lles corresponda do importe do billete, cunha antelación de 20 días naturais á data sinalada para a realización da viaxe.

Prazas:

A asignación do número de prazas, realizada en función das necesidades reais e das demandas constatadas nos diferentes países, queda fixada para o ano 2010 do seguinte modo:

Países Nº de prazas
Arxentina 108
Brasil 18
Cuba 14
Uruguai 90
Venezuela 7
Outros países 4
Total 241

 

Prazo de presentación:  Ata o 22 de Abril de 2010 (inclusive)

Lugar de presentación:

- Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela).

- Delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo.

- Consellerías de Traballo e Asuntos Sociais.

- Seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.

- Nas entidades que se sinalan a continuación, habilitadas para a presentación telemática das solicitudes:

  • En Brasil:
    • Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    • Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Baía.
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrucción de São Paulo.
    • Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
  • En Cuba:
    • Federación de Sociedades Galegas na Habana
  • En Venezuela:
    • Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.

Resolución: Resolución do 16 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa reencontros na casa para residentes no exterior, e se convocan as correspondentes ao ano 2010.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 54, Luns 22 de Marzo de 2010.

Promovido por: Secretaria Xeral da Emigración

Ano: 2010

Documentación:

Formulario de solicitude online

Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados. 

Base de cálculo da prestación económica por ancianidade para o ano 2010

Data de publicación: 22 de Marzo de 2010