A Coruña presenta máis de 350 fotos da Galicia dos 20

A Fundación Caixa Galicia expón as imaxes recollidas por Ruth Matilda Anderson a principios de século.

Listen to this page using ReadSpeaker
2 de maio de 2010.

A fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America en Nueva York, que recorreu Galicia entre 1924 e 1926 coa sua cámara fotográfica, protagoniza a presente mostra, «Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano», comisariada por Miguel Anxo Seixas Seoane e Patrick Lenaghan.

Tratase dunha mostra de 439 imáxes, moitas inéditas, que recorren todalas facetas da época. Dende instantáneas relixiosas a outras que captan a vida do campo, pasando polas feiras, traballos e oficios, na exposición o espectador podese facer unha idea bastante clarificadora sobre cómo era a sociedade galega dos anos vinte.

Unha mostra de luxo
Para a directora da fundación, Teresa Porto, é «uno de los conjuntos más notables de fotografía extranjera que existen sobre Galicia».

Do total do arquivo, unhas 5.000 fotografías en diferentes soportes e formatos, moitas aínda sen revelar ou sen positivar, únicamente se coñecían as 500 que compoñían o libro Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña.

Segundo os representantes da mostra, «estamos ante el mayor archivo fotográfico de Galicia, caracterizado por su gran calidad y por la vasta información que nos acerca, también a nivel textual. Hasta el 4 de abril somos espectadores de nuestra propia historia, desde A Coruña», conclúen.

Ruth Matilda Anderson
Nacida en Nebraska, Ruth Matilda Anderson recibiu a sua primeira formación en fotografía do seu pai, Alfred Theodore Anderson, que tiña un estudio en Kearney especializado en vistas e retratos. Tras un ano na Nebraska State University (Lincoln), inscribiuse no Nebraska State Teacher's College (Kearney), onde se graduou en 1915. A pesar do seu título nunca se dedicou ao ensino, optando en cambio por volver a inscribirse na Nebraska State University durante un semestre. Despois, trasladouse á ciudade de Nova York, onde asistiu á Clarence H. White School for Photography, diplomándose en 1919.

En 1921, dous anos despois de que Anderson acabara os seus estudos, foi contratada por The Hispanic Society of America. Estaba traballando de decoradora de interiores cando a secretaria da Clarence H. White School lle dixo que a Hispanic estaba buscando un fotógrafo e que Clarence White a recomendara. Anderson conseguiu o traballo e pasou o resto da sua carreira profesional alí. Encontraba que os seus retos e oportunidades eran estimulantes, pero sobre todo sentíase entusiasmada pola oportunidade de aprender.

1850 lecturas