Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
16Abril2026Miranda: “Puerto Madryn é un exemplo do compromiso da nosa diáspora por manter viva a identidade galega no exterior” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa directiva da Casa de Galicia ‘Voces da Nosa Terra’ de Puerto Madryn, entidade presidida por Adelaida Rodríguez Watson, no que abordaron a situación actual da colectividade galega na zona e os principais retos de futuro. Durante a reunión, intercambiaron impresións sobre as necesidades da comunidade e analizaron vías de colaboración para seguir reforzando a súa... Máis información
-
14Abril2026Webinario informativo "BEME 2026-2027" audio Lembrade, mañá mércores, 15 de abril ás 17:30 h (hora española), terá lugar un webinario informativo sobre as bolsas BEME para cursar un mestrado nunha das universidades galegas no curso 2026-2027. Participación aberta ás e aos interesados a través do seguinte enlace. Bolsas de 8.500 a 12.500 € para completar a túa formación e quedar a vivir e traballar en Galicia. Máis info no beme.emigracion@xunta.gal Máis información
-
09Abril2026Rueda aposta por captar talento da Galicia Exterior para seguir construíndo unha comunidade líder e innovadora audio O presidente participou no acto de entrega dos diplomas aos beneficiarios das Bolsas de Excelencia á Mocidade Exterior (BEME) e do programa Retorna Talento FP. Resalta a importancia das bolsas BEME, que cada ano traen á comunidade unhas 250 persoas para estudar mestrados. Pon en valor que o 80% dos beneficiarios deciden quedar en Galicia unha vez rematados os seus estudos. O próximo ano acadaranse os máis de 2.000 estudantes retornados, entre as... Máis información
-
07Abril2026Entrega de diplomas "Bolsas Excelencia Mocidade Exterior" | Promoción 25/26 audio Cada ano, centos de mozos e mozas da Galicia exterior toman unha decisión que lles cambia a vida: volver. Fano grazas ás bolsas BEME, que lles permiten formarse, medrar e reconectar coa súa terra. A promoción 2026 xa rematou o seu camiño… e queremos celebralo con eles. 9 de abril 11:30 h Museo Gaiás, Cidade da Cultura Poderás seguir a cerimonia en directo a través do Facebook e Instagram de Galicia Aberta. Máis información
-
02Abril2026A Xunta abre hoxe o prazo de solicitudes da nova convocatoria do programa Conecta co Voluntariado en Galicia centrado na mocidade galega no exterior audio O DOG xa publicou a edición de 2026 desta iniciativa dirixida a persoas de entre os 21 e os 30 anos e que busca facilitar o contacto coa realidade galega e a convivencia entre persoas de distintas procedencias con actividades culturais e medioambientais. Oferta 40 prazas para a mocidade galega residente no exterior e outras 10 para mozas e mozos residentes en Galicia co fin de favorecer o intercambio de experiencias e a creación de redes entre... Máis información
-
31Marzo2026A Xunta lanza unha nova edición de Conecta con Galicia no Camiño para reforzar os lazos da mocidade galega do exterior coa comunidade audio O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de 2026 do programa Conecta con Galicia no Camiño cunha oferta dun cento de prazas destinadas a mozos e mozas galegos de entre 18 e 21 anos residentes no exterior. Desenvolverase entre os días 20 e 31 de xullo de 2026 e consiste na realización dun tramo a pé de 100 km do Camiño de Santiago e doutras actividades complementarias. O prazo de presentación de solicitudes abre mañá e prolongarase ata... Máis información
-
30Marzo2026Unhas 140 persoas galegas mozas do exterior poderán conectar coa cultura e o territorio de Galicia grazas ás novas convocatorias de dous programas da Xunta audio O Consello coñeceu hoxe as edicións de 2026 de ‘Conecta con Galicia no Camiño’ e ‘Conecta co Voluntariado en Galicia’, cos que fomenta un maior coñecemento do seu territorio con actividades recreativas, medioambientais e culturais durante o verán. ‘Conecta con Galicia no Camiño’ destínase a mozos e mozas galegos de entre 18 e 21 anos residentes no exterior e consiste na realización dun tramo a pé de 100 km do Camiño de Santiago e doutras... Máis información
-
28Marzo2026A Xunta mostra en Costa Rica o seu apoio á colectividade galega residente neste país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Casa de España en Costa Rica, onde mantivo un encontro coa colectividade galega residente no país co obxectivo de coñecer de primeira man a súa situación e reforzar os lazos coa comunidade. Ademais, tamén se reuniu coa directiva do Lar Gallego de Costa Rica. No marco de ambas xuntanzas, Miranda destacou o papel fundamental destas entidades como punto de encontro e apoio para... Máis información
-
28Marzo2026Miranda aborda as políticas de acompañamento ao retorno da Xunta coa colectividade galega de Panamá audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodriguez Miranda, mantivo en Panamá un encontro con empresarios e membros da colectividade galega para abordar as políticas de acompañamento ao retorno impulsadas pola Xunta de Galicia. Durante a xornada, púxose o foco nas medidas destinadas a facilitar o regreso, apoiar novos proxectos profesionais e acompañar aos retornados no seu proceso de integración. Un paso máis para seguir reforzando a... Máis información
-
27Marzo2026A Xunta aborda vías de cooperación en América Latina para desenvolver o modelo galego de atracción de talento conectado coa demanda das empresas audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración mantivo diferentes encontros bilaterais en Quito no marco no foro organizado polo Goberno do Ecuador e o Banco Mundial. José González reuniuse co embaixador de España en Ecuador e con representantes gubernamentais de Ecuador, Colombia e República Dominicana para explorar novas oportunidades de colaboración en materia de mobilidade laboral. O conselleiro subliñou a importancia de avanzar de maneira... Máis información
Páxinas |









