Homenaxe a Rosalía de Castro en Rosario

Listen to this page using ReadSpeaker
1098 lecturas

O domingo 19 de maio ás 11,00 h., diante do busto que lembra a Rosalía de Castro no Parque de la Independencia da cidade berce da bandeira arxentina, o Centro Gallego de Rosario celebrará unha homenaxe á insigne poetisa galega co gallo do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, á que asistirá Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia

Programa:

  • Concentración perante o busto de Rosalía de Castro
  • Presentación
  • Colocación da ofrenda floral
  • Minuto de silencio
  • Palabras alusivas a cargo de Guillermo Picallo Durán, presidente da entidade
  • Recitado dun poema a cargo de Alberto González Iglesias
  • Actuación do Conxunto de Folklore Galego da entidade
  • Ao remate do acto, as e os asistentes dirixiranse á sede social da entidade (Buenos Aires, 1137), onde se descubrirá unha placa alusiva con motivo da reinauguración da Biblioteca Rosalía de Castro
Homenaxe a Rosalía de Castro en Rosario
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Centro Gallego Asociación Mutual, Cultural y Recreativo
Data: 
19.05.2013
Hora: 
11,00
Lugar:
Busto de Rosalía de Castro
Parque de la Independencia
Rosario, Santa Fe
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: