-
O sábado 20 de xullo a partir das 20,30 h., na súa sede do Parque Social e Polideportivo de Carrasco, o Centro Gallego de Montevideo organiza unha festa con paella e queimada. Entradas e información na Secretaría da entidade.
-
O pasado venres 31 de maio de 2013, asumiu funcións a nova Xunta Directiva da Herrmandad Gallega de Venezuela, para o período 2013-2015, que preside Juan Suárez Lemos.
Os actos de Toma de Posesión, iniciáronse na Sala de Reunións da Xunta Directiva, onde...
-
O sábado 29 e o domingo 30 de xuño a Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de interpretación de gaita que contará coa participación de Pablo Devigo, o recoñecido e laureado gaiteiro de Castro Caldelas.
Está dirixido a...
-
O xoves 4 de xullo a partir das 18,00 h., no Salón Seguros Rivadavia da capital da Provincia de Bos Aires, o Centro Galllego de La Plata, no marco dos festexos do Mes de Galicia, organiza:
Actuación do grupo de música tradicional Cantaruxeiros...
-
Unha cautivante conferencia ofreceu o Dr. Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, sobre as características do sistema escolar en Galicia a finais do século XIX e comezos do XX denominada Instruír e traballar. As institucións galegas en América e o seu legado en...
-
O sábado 29 de xuño, na sede da entidade galega na cidade rosarina, o Centro Gallego de Rosario celebra o San Xoán.
Actuación do grupo folklórico da entidade
Menú:
-Entrada: tapas
-Prato principal: guiso mariñeiro de mexillóns
-Bebida, postre e...
-
O sábado 27 de xullo a partir das 20,00 h., no Teatro Comedia da capital uruguaia, a Escuela de Danzas Valle Miñor de Montevideo, coa colaboración da Unión de Sociedades Gallegas del Uruguay, representará o espectáculo Muiñeira, música e danza tradicional...
-
Na Agrupación Artística Gallega da Habana, Cuba, celebrouse o aniversario colectivo de 158 persoas asociadas nacidas entre os meses de xaneiro a xuño. Para iso, a sociedade galega organizou na tarde do pasado 23 de xuño unha actividade cultural con bufete...
-
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participa este domingo na gran celebración anual da colectividade galega residente no Reino Unido, organizada polo Centro Galego de Londres, e que se ten convertido nun referente para o encontro...
-
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o embaixador de Cuba en España, Alejandro González Galiano, mantiveron este xoves unha xuntanza preparatoria da viaxe que o presidente galego realizará á illa cubana no segundo semestre do ano. Durante o...