Día de Galicia

  • O venres 25 de xullo ás 19,00 h., na Catedral San Juan Bosco, o Centro Gallego de Comodoro Rivadavia festexa o Día do Santiago Apóstolo coa celebración dunha misa que, tamén, se realizará en Acción de Grazas polos 91 anos de vida da entidade galega na...
  • O domingo 27 de xullo, a partir das 11,00 h., o Grêmio Espanhol de Socorros Mútuos e Instruçao de Belo Horizonte celebra a Festa do Santiago Apóstolo. Haberá danzas  e músicas ao longo do día, comidas e bebidas típicas Entrada libre para socios/as;...
  • O Centro Gallego de Santander celebra as Festas do Santiago Apóstolo 2014. Programa (picar aquí para descargar completo co da VI Feira de Gastronomía e de Folclore das Casas Rexionais): Martes, 22 de xullo - Salóns do Centro Gallego de Santander 20,00...
  • O domingo 27 de xullo a partir das 10,30 h., na súa sede de Olivos, o Centro Galicia de Bos Aires organiza a Romaría do Santiago Apóstolo. Haberá danzas tradicionais, música e baile con dúas orquestras
  • O xoves 24 de xullo ás 21,00 h., no Salón de Hostalaría da sede social da entidade, o Centro Galicia de Bos Aires celebra a Festa da Familia cunha Gran Cea de Camaradaría e Brinde polo Día de Galicia e do Apóstolo Santiago.
  • Do xoves 24 ao domingo 27 de xullo, na capital navarra, o Lar Gallego de Pamplona celebra as Festas do Apóstolo Santiago 2014. Programa: picar aquí para descargar
  • Do martes 22 ao domingo 27 de xullo o Centro Gallego de Santa Fe celebra a Semana do Día de Galicia. Programa: Martes 22, 16,00 h. - Centro Gallego -Proxección do video documental Caminos de Santiago -A inmigración galega en Santa Fe, relatos-...
  • O venrEs 25 de xullo a partir das 20,00 h., na Casa de España en Costa Rica, celébrase o Santiago Apóstolo. Reservas no tlf. 2296 2575 Custo da entrada: ₡ 8.500 Haberá baile e as/os asistentes poden levar a súa bebida
  • Do mércores 23 ao domingo 27 de xullo a Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago de Salvador de Bahía celebra a festividade do Santiago Apóstolo. Programa: picar aquí para descargar
  • O domingo 20 de xullo, nas instalacións de Iztapalapa, o Centro Gallego de México celebra a festa do Santiago Apóstolo. Haberá pinchos, karaoke, inflables para nenos/as e máis actividades Confirmación da asistencia nos tlfs. 5511 8700 ou 511 2512

Páxinas