Cultura, ocio e deporte

  • O Club Español de Nitéroi, en Brasil, celebra unha Festa Galego-Portuguesa o sábado 29 de marzo, a partir das 19:00 horas. Actuará a cantante María do Ceo. Máis info: Facebook.
  • A Asociación cultural Toxos e Xestas de Barcelona, escola de gaitas e danzas galegas desde 1977, organiza o sábado 8 de marzo, a partir das 12:00 horas, a segunda edición do Encontro do Día Internacional da Gaita en Barcelona. Será unha gran cita, que...
  • O Centro Ourensán de Nova Jersey celebra o sábado 8 de marzo, na súa sede, unha festa do cazador. Será a partir das 6:00 PM. O menú constará de veado e lebre, pero tamén haberá un menú variado para non cazadores, así como menú infantil. Inclúe tamén...
  • O Centro Galego de Maracaibo, en Venezuela, organiza unha xornada para aprender a xogar ao "Canastón" (xogo de naipes) o mércores 26 de febreiro ás 2:00 PM. Será no Salón Terruño do Centro. Entrada gratuíta. Será un evento aberto tanto a aqueles que...
  • O Centro Espanhol do Paraná celebra na súa sede un baile Pre-Entroido, unha festa familiar que terá lugar o sábado 22 de febreiro a partir das 19:00 horas. Prezo das entradas: R$ 20,00. Nenos ata 12 anos de balde. Reservas: 99992-2543 ou con integrantes...
  • O Centro Galego de Xubilados e Pensionistas da República Arxentina celebra o seu particular almorzo de entroido o domingo 16 de marzo. Será unha completa xornada na sede do Centro, en Avellaneda, que comezará ás 13:00 horas. O menú inclúe entrante, prato...
  • O Centro Cultural do Partido da Estrada, en Bos Aires, celebra unha gran paella de verán o sábado 1 de marzo ás 20:00 horas. A celebración contará tamén coa presentación do ballet institucional, así como coa presenza de grupos invitados. A entrada inclúe...
  • O Centro Galego de Santa Fe, en Arxentina, celebra o entroido o sábado 1 de marzo cunha gran festa a partir das 21:00 horas. Unha xornada para disfrazarse, na que actuará a comparsa 29 de Abril Show e na que haberá moitas sorpresas. Entrada libre e...
  • Coa participación da Agrupación Teatral Furafollas, o Centro Galego de Barcelona organiza unha xornada de contos, nomeada "Casos e cousas", o domingo 23 de febreiro a partir das 12:00 horas. Contaranse contos de onte e de hoxe, en galego e en catalán,...
  • O Centro Cultural e Recreativo "Hijos de Galicia" de Montevideo, en Uruguai, celebra o domingo 23 de febreiro o seu primeiro almorzo bailable do 2025. Será na súa sede, a partir das 12:30 horas. O menú constará de entrante, prato principal, sobremesa e...

Páxinas