Esta bolsa é compatible con outras bolsas ou axudas? Pódese traballar?

  • Esta bolsa só é incompatible con outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar estudos de máster. Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
  • Polo tanto, é compatible con outras axudas que non sexan para realizar un máster ou coa percepción do subsidio de emigrante retornado/a e tamén pódese traballar e percibir un salario (conta allea ou conta propia).