Convenios de colaboración

A Xunta de Galicia pode asinar convenios de colaboración, coordinación, execución ou instrumentos xurídicos asimilables con outras administracións e entidades públicas e privadas no ámbito das súas respectivas competencias. O Rexistro de Convenios regúlase polo Decreto 126/2006, do 20 de xullo (DOG nº 149, do 3 de agosto de 2005)e pola Lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), modificada pola disposición derradeira quinta da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 250, do 30 de decembro), e pretende ser un elemento de mellora dos mecanismos de transparencia e publicidade das actuacións da Xunta de Galicia. É por iso que nesta páxina poñemos a disposición da cidadanía a posibilidade de consultar a base de datos dos convenios asinados pola Secretaría Xeral da Emigración.

Páxinas