A primeira ponte sen xuntas de dilatación

A infraestrutura que comunica a illa de Arousa ten 1.980 metros e 40 vans.
A primeira ponte sen xuntas de dilatación

A ponte que une a illa de Arousa co continente foi o primeiro do mundo na súa lonxitude construída sen xuntas de dilatación. Ten 1.980 metros de extensión e traspasala en coche, e mellor a pé, brinda unha fermosa viaxe moi preto do nivel da auga con saída no municipio de Vilanova de Arousa.

A gran ponte é efectivamente única. Consta de corenta vans, cada un deles de cincuenta metros de luz (agás o primeiro e o último), está realizado en curva e no medio posúe un cambio de rasante que ten por finalidade deixar o espazo suficiente ante a modificación das correntes mariñas. Pero, sobre todo, a súa gran singularidade é, como apuntabamos, a ausencia de xuntas de dilatación. As xuntas son os pequenos espazos que se deixan sen pechar no piso das pontes para permitir, co cambio de temperaturas, a dilatación e a contracción dos materiais construtivos. Pois ben, na ponte da Illa experimentouse con éxito esta infraestrutura, máis custosa pero coa vantaxe de eliminar os saltos e o ruído propios que ocasionarían as xuntas ao rodar por enriba delas.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

734 lecturas