Mondoñedo - Praza da Catedral
Vista panorámica de Mondoñedo.

Na sé da diócese de Mondoñedo-Ferrol atopamos esta praza que acolle a catedral de San Martiño (s. XII), de estilo e época románicos pero logo tamén gótico e despois barroco; o pazo episcopal, o antigo consistorio ou as casas con soportais xúntanse para dar beleza e singularidade ao máis importante espazo desta vila – próspera cidade no esmorecer dos tempos medievais- que tamén foi esplendorosa capital dunha das sete provincias históricas galegas.
E da man de Cunqueiro, agora alí homenaxeado cunha estatua que mira á basílica, estas pedras tamén chegaron ser o fogar dos seus Merlín e Simbad, dos feirantes e dos sochantres aos que deu vida o xenial escritor mindoniense , a mesma vida que alí perdeu o Mariscal Pedro Pardo de Cela, o controvertido (e quizais escuro) nobre decapitado por mandado real e que, tamén, hoxe ten aquí o seu monólito.
