Fisterra - Faro

Vista panorámica dende o Faro de Fisterra.

As crónicas de Paulo Orosio e Lucio Anneo Floro, o autor dunha epítome da inxente e imprescindible Ab Urbe Condita de Tito Livio, recollen que Décimo Xuño Bruto “O Galaico” -aquel xeneral romano que no século II a.C. conquistara a Gallaecia tras cruzar o lendario río Lethes ou Limia- chegou á fin do mundo coñecido e alí, no solpor, viu ao incandescente sol precipitarse sobre o océano e as laparadas xurdir deste si ancho pontus.

Finis Terrae, Fisterra, entraba así na Historia e xa non sairía xamais dela: lugar máxico e fin do Camiño a Compostela dende os primeiros momentos da ruta de peregrinación máis importante do occidente europeo, en 1853 erixiuse un faro que coa súa luz -ou a súa serea nos días de brétema (aquí espesa borraxeira)- alerta ás e aos navegantes de que se atopan na Costa da Morte, e que esta non é unha viaxe coma as outras.

Fisterra - Faro
2213 lecturas