La emigración en Galicia

O libro de Ramón Castro López 'La emigración en Galicia', publicado por primeira vez na cidade da Coruña no ano 1923 nas prensas do xornal herculino El Noroeste, é un texto que desde a primeira páxina se declara a contracorrente da visión hexemónica, aquela que o autor «leía en muchas publicaciones», pero que consideraba que coñecía mal o problema migratorio.
Obra da colección Clásicos da Emigración editada polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de cadansúa introdución e estudo crítico.
Contén:
- A emigración galega contada por un cura de aldea / [estudo introductorio de] Ramón Villares.
- La emigración en Galicia (edición facsimilar) / Ramón Castro López.
