Rexistros de nacemento

Kelson dos Santos Araujo
Ourense
fai 5 días
Busca: 

Ola, moitas grazas por aceptarme neste grupo. Para un amigo brasileiro, estou buscando dous rexistros de nacemento de
bisavós galegos: 1. MANOEL GABILANES BORRAJO (BORRACHO ou BORRXO), nado arredor do ano 1887, fillo de Guilhermo Gavilanes/Gabilanes e Manoela Borrajo/Borracho/Borraxo, falecido en Cuba (20/10/1915). Posiblemente irmán de Juan Manuel Gavilanes Borrajo, nado arredor do ano 1886 e finado en Río de Janeiro, Brasil, no ano 1951, ambos naturais de Ourense, Galicia. Non sei o nome exacto do lugar. 2. Josefa Miguez Sant'Anna, filla de Miguel Miguez e Vicenta Sant'Anna, naceu en Tui ou Ourense (?), na data 15/09/1888 (?). Poderías axudarme? Son cidadán portugués, pero non teño acceso á Sede Electrónica do Ministerio de Xustiza de España nin ao sistema Cl@ve para poder solicitar os Certificados en cuestión. Moitas grazas de antemán, un saúdo.

Axuda a Kelson

* Campos obrigatorios. A publicación de contidos é revisada polos administradores do portal.