Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
30Xaneiro2021Inscrición no curso de teleformación titorizado para a obtención do CODIX (edición 1/2021) audio A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu este venres 29 de xaneiro o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada o xoves 28 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de maio. Para preinscribirse... Máis información
-
30Xaneiro2021Emigración coordina co Xacobeo a participación do Centro Galicia en Ponferrada nos actos do Ano Santo audio Antonio Rodríguez Miranda e o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron unha reunión cos responsables da entidade leonesa. O centro galego busca, a través de diversas accións, mostrar o patrimonio do Bierzo polo que discorre o Camiño de Santiago e a súa vinculación con Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión para coordinar co Xacobeo a implicación do... Máis información
-
29Xaneiro2021A Xunta publica no DOG as axudas económicas individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade audio Estes apoios destínanse directamente ás persoas en grave risco social, especialmente no actual escenario de pandemia. O prazo de solicitude ábrese o próximo luns e poderanse presentar ata o 22 de marzo. En total, a Secretaría Xeral da Emigración destinará a esta liña máis de 2,7 millóns de euros. A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas económicas individuais para as familias galegas... Máis información
-
28Xaneiro2021Emigración remata con Arxentina e Uruguai as xornadas formativas sobre a nova orde de Axudas Económicas Individuais que se publica o próximo venres 29 audio Estas reunións formativas iniciáronse onte cunha videoconferencia co persoal técnico das oficinas de Venezuela. O obxectivo é ter todo preparado para poder axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social dada a grave situación xerada pola pandemia. A Xunta de Galicia destinará este ano a esta liña de axudas 2,7M€ que veranse reforzados a través das axudas de emerxencia que se publicarán proximamente. O secretario xeral da Emigración... Máis información
-
27Xaneiro2021Emigración pon en marcha unhas xornadas formativas sobre a nova orde de Axudas Económicas Individuais que se publica o próximo venres 29 audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, abriu estes encontros cunha videoconferencia co persoal técnico das oficinas de Venezuela. O obxectivo é ter todo preparado para poder axilizar as solicitudes das persoas en grave risco social dada a grave situación xerada pola pandemia. A Xunta de Galicia destinará este ano a esta liña de axudas 2,7M€ que se verán reforzados a través das axudas de emerxencia que se... Máis información
-
26Xaneiro2021Feijóo traslada á Comisión Europea as liñas xerais da Lei de impulso demográfico e as medidas que impulsou Galicia neste eido audio O Parlamento galego debate hoxe a aprobación definitiva desta norma, que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma en elevar a cuestión demográfica a rango de Lei. O presidente do Goberno galego destaca a posta en marcha de iniciativas como as casas niño, a Tarxeta Benvida ou a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e fillas e sucesivos. Insiste na necesidade de que os fondos comunitarios se asignen en función das... Máis información
-
25Xaneiro2021A emisión en liña da obra do CDG ‘O charco de Ulises’ acada 800 conexións desde 18 países e catro continentes audio Á transmisión do espectáculo seguiu un coloquio en ‘streaming’ no que o equipo artístico puido responder as preguntas achegadas polo público en tempo real. Tamén participaron no encontro o secretario xeral da Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, e o director do CDG, Fran Núñez, no marco da colaboración entre os dous departamentos para a difusión do teatro galego no exterior. O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción... Máis información
-
24Xaneiro2021O secretario xeral da Emigración participou hoxe no coloquio posterior á retransmisión, vía telemática, da obra “O charco de Ulises” producida polo Centro Dramático Galego audio Antonio Rodríguez Miranda destacou durante a súa intervención a importancia de que se transmita, a través deste clásico da literatura universal, a epopea da emigración galega. No coloquio participou tamén o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, así como o elenco da obra e os seus directores, Santiago Cortegoso e Marián Bañobre. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no coloquio posterior á... Máis información
-
23Xaneiro2021As e os emigrantes retornados que o necesiten poden xa optar ás axudas do Bono de Alugueiro Social audio Ata o vindeiro 10 de decembro manterase aberto o prazo para que persoas e unidades de convivencia con dificultades económicas poidan solicitar esta subvención ao aluguer, cuxa contía oscila entre os 175 e os 225 euros ao mes. A duración máxima da concesión, incluíndo todas as prórrogas extraordinarias que os beneficiarios e beneficiarias poden solicitar, estenderase ata os seis anos. Durante todo 2021 e no marco das medidas sociais adoptadas... Máis información
-
22Xaneiro2021A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 8 de febreiro audio A convocatoria da reunión, que será telemática, foi publicada hoxe no DOG. A reunión tratará as novas axudas a entidades e a persoas galegas do exterior no contexto Covid, así como o estudo da planificación dos diferentes programas para este ano. A Secretaria Xeral da Emigración informa da publicación no DOG de hoxe, 22 de xaneiro, da convocatoria da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará de xeito telemático o... Máis información
Páxinas |