A Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Caixa Galicia doan máis de 1.300 libros para os centros galegos no exterior

A través dunha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, xunto á Fundación Caixa Galicia, enviáronse a centros galegos de Europa e América libros sobre a historia e cultura de Galicia, ademais de clásicos da literatura traducidos ao galego. Un total de 24 centros situados en Arxentina, Brasil, Cuba, Estados Unidos, México, Uruguai, Venezuela, Portugal, Alemaña, Suíza e España beneficiáronse coas doazóns.
Cada centro recibiu lotes de 55 libros, dun total de 1.320 exemplares doados. Entre os títulos están a colección Clásicos Universais, publicada pola Fundación, ademais de obras da serie Biblioteca Carlos Casares e de promesas da literatura galega galardoadas nos certames promovidos pola institución. Este é o caso de Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil en 2009. A acción é o resultado dun convenio asinado entre a Fundación Caixa Galicia e a Secretaria Xeral da Emigración, a través da Fundación Galicia Emigración, o pasado mes de xuño en Santiago de Compostela.
Ler máis sobre isto...
- A doazón de libros aos centros galegos pretende promover o patrimonio cultural de Galicia entre os residentes no exterior. A doazón de libros aos centros galegos de Europa e América, ademais de fomentar a lectura, ten por obxectivo achegar aos... Máis información