Achegando a cultura galega aos emigrantes e aos seus descendentes

  • A doazón de libros aos centros galegos pretende promover o patrimonio cultural de Galicia entre os residentes no exterior.

A doazón de libros aos centros galegos de Europa e América, ademais de fomentar a lectura, ten por obxectivo achegar aos emigrantes e os seus descendentes á produción cultural que se realiza en Galicia. A idea é que as obras, relacionadas co patrimonio histórico, a arte, a arquitectura e a literatura galegas, sexan unha referencia da súa terra nai para os galegos que residen no exterior.

Os títulos tamén abrirán un mundo de información aos descendentes de emigrantes. «Moitos das novas xeracións coñecen Galicia polo que lles contaron os seus avós. A través dos libros poden afondar na orixe e idioma dos seus antepasados», explica a subdirectora de programación da Fundación Caixa Galicia, Rosario Vide.

Outro aspecto que destaca Vide é que os libros, escritos en galego ou bilingües (galego/castelán), posibilitan ás novas xeracións acceder ao idioma dos seus pais e avós. «Ademais de servir de estímulo para a realización de traballos de investigación sobre Galicia noutros países», engadiu a representante da Fundación.

912 lecturas