Relacións a pleno rendemento; As reaccións dos asistentes
A ponte entre o cinema galego e cubano ten unha longa traxectoria e avanza cara horizontes cada vez máis sólidos. O Secretario Xeral de Comunicación, Fernando Salgado, foi foi o encargado de transmitir esta idea na presentación da mostra
«A mostra de cine galego cubano certifica as boas relacións co país caribeño ao tempo que supón unha oportunidade para que os espectadores galegos confirmen a boa saúde e o gran nivel acadado pola cinematografía cuabana no contexto latino». Así se manifestaba o Secretario Xeral de Comunicación na presentación da I Mostra de cine galego-cubano.
As imaxes grabadas na capital cubana tiveron un papel destacada na historia da diáspora entre a colectividade galega que deixou a súa terra. Salgado recordou a materialización disto, o chamado «cine de correspondencia ou films que os galegos da illa mandaban á nosa terra para que os seus paisanos e familiares contemplaran as marabillas daquela terra prometida», recordou. Definiu así como «dilatada» a ponte de celuloide que une Galicia con Cuba e comezou no abrente do século XX.
Salgado aproveitou tamén para recordar a figura dun galego de relevancia no panorama cinematográfico galego e cubano, autor da obra mestra «Torero» e «que mesmo lle metou dentre á narrativa de Juan Rulfo ao levar á pantalla o seu Pedro Páramo». Neste sentido, referiuse tamén á relación entre o cineasta ourensá e Alfredo Guevara, que se convertiría no director do Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográfica (ICAIC). Salientou que esta relación «viría a xermolar as primeiras coproduccións galaico-cubanas».


