«Reencontros na terra» favorece o contacto de emigrantes maiores con Galicia

O pasado mes de outubro aterraron en Santiago 132 emigrantes de máis de 60 anos procedentes de varios países de América Latina.

Non só as novas xeracións de emigrantes teñen a oportunidade de redescubrir a Galicia actual. Tamén os galegos maiores que viven noutros países poden visitar a súa terra de orixe dentro dos programas promovidos pola Xunta.

O pasado mes de outubro, aterraron en Santiago de Compostela 132 participantes do programa Reencontros na Terra 2010, que favorece a visita daqueles emigrantes que teñan máis de 60 anos para que retomen o contacto coa Comunidade.

Na edición deste ano, participaron persoas procedentes de Arxentina, Brasil, Cuba e Uruguai. Os visitantes permanecen en Galicia durante tres meses e participan en diversas actividades recreativas e culturais, ademais do tempo que pasan cos seus familiares.

754 lecturas