Os fillos de emigrantes fortalecen os seus lazos con Galicia no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior

A xuventude galega que vive noutros países de Europa foi a protagonista do Congreso Europeo da Xuventude Galega non exterior, celebrado do 5 ao 7 de novembro na cidade alemá de Nürnberg. Máis de 70 mozos procedentes de países como Inglaterra, Grecia, Suecia, Francia ou Alemaña asistiron ao encontro organizado polo Centro Galego de Nürnberg. A iniciativa pretende fomentar a participación dos mozos na comunidade galega nos seus países de residencia, ademais de buscar respostas ás demandas das xeracións de descendentes dos emigrantes.
O Congreso tivo lugar na sede do Centro Galego de Nürnberg, onde os participantes debateron sobre temas relacionados coa comunicación, o retorno a Galicia como opción de futuro e tamén sobre tecnoloxía e identidade galega. Nesta ocasión, 80 fillos de emigrantes galegos fixeron un repaso polas canles de comunicación e información sobre Galicia que teñen dispoñibles os mozos que residen no exterior e formularon unha representación directa no Consello da Xuventude de Galicia a través da creación dunha asociación.
Descarga as conclusións do congreso premendo aquí.
Ler máis sobre isto...
- O obxectivo é definir legalmente a figura do emigrante retornado. Un dos temas centrais debatidos no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior foi o anteproxecto dunha lei de retorno. O obxectivo é establecer un marco legal que defina a figura... Máis información
- No Congreso Europeo da Xuventude Galega non Exterior, os fillos de emigrantes revindicaron a creación de ferramentas que axuden nestes trámites. Un dos obxectivos do Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior é identificar e buscar respostas ás... Máis información