O labor de manter viva a memoria dos emigrantes

Manter viva a memoria dos que un día deixaron Galicia en busca de novas oportunidades e converterse nunha referencia nacional nos estudos dos fenómenos migratorios. Estes son os principais obxectivos do Arquivo da Emigración Galega (AEG), que dende hai 18 anos busca reunir nos seus fondos toda a documentación sobre a diáspora e a formación de sociedades galegas no exterior. O labor do Arquivo consiste na localización e recuperación destes rexistros, para a posterior difusión do patrimonio histórico e cultural galegos.
Nos seus fondos reúne máis de 2.000 publicacións, 10.000 fotografías e exemplares de 500 impresos editados por entidades galegas noutros países. Un 90% dos fondos son resultado do traballo de busca do equipo do Arquivo co apoio dos concellos e da Secretaría Xeral da Emigración a través de convenios. Tamén hai algúns documentos doados por particulares. A pesar de que non son moi numerosas, estas doazóns son de especial importancia para o Arquivo polo seu valor histórico.
O AEG alberga documentos sobre a vida social de máis de 300 entidades galegas no exterior e unha das xoias do seu fondo é a colección orixinal con todas os números da revista do Centro Galego de Bos Aires, editada dende 1930. Segundo Teresa García, a prioridade sempre é o valor informativo dos documentos. Os máis antigos son os que intentan recuperar máis prontamente, pois teñen un maior regos de perderse.
Ler máis sobre isto...
- O traballo do Arquivo da Emigración Galega non se limita a recuperar a historia dos emigrantes, senón tamén divulgar a cultura galega. Ademais de recuperar as historias da diáspora, o Arquivo da Emigración Galega (AEG) traballa na difusión do patrimonio... Máis información
- O Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA) foi creado no país que ten a maior comunidade galega fóra de España. Con só cinco anos de actividades, o Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA) converteuse nun dos principais espazos de encontro... Máis información
- Situado no antigo convento de Santo Domingos de Bonaval, o Museo do Pobo Galego é a principal referencia de preservación das tradicións de Galicia. Considerado o principal do sistema galego dos museos dedicados ao patrimonio histórico-antropolóxico de... Máis información