O espazo da tradición galega en Bos Aires

O Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA) foi creado no país que ten a maior comunidade galega fóra de España.

Con só cinco anos de actividades, o Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA) converteuse nun dos principais espazos de encontro vinculados á memoria e á identidade galega en Bos Aires. A súa programación está composta por exposicións temporais e a exhibición dunha colección permanente que atraen preto de 13.000 visitantes ao ano.

En opinión do vicedirector do MEGA, Miguel Luis Chiloteguy, a exhibición de testemuños materiais e inmateriais do colectivo galego no museo garante a protección do legado da emigración e do exilio a través do tempo. «Tamén realizamos tarefas de investigación con relación ás coleccións para unha maior comprensión do seu valor científico, histórico e cultural, ademais de promover vínculos con institucións dedicadas ao estudo da cultura galega noutros países,» engade Chiloteguy.

Coleccións
As coleccións do MEGA están constituías por obxectos vinculados á emigración, ao exilio e á II República Española, doados pola colectividade galega e os seus descendentes en Arxentina. Trátase de obras de arte, documentación pública e privada, fotografías, obxectos persoais, rexistros bibliográficos, sonoros e fílmicos, ademais de correspondencias, instrumentos musicais, traxes, cerámicas e etcétera.

Para ofrecer ao público unha programación máis diversificada, o MEGA tamén realiza conferencias e outras actividades en conxunto coa Biblioteca Galega de Bos Aires Antonio Pérez-Prado e coa Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina.

1005 lecturas