O ICAIC (Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos)

Creado hai case medio século, a intención primeira era a de desenvolver unha cinematografía cubana e divulgala fóra das fronteiras. A pesar da crise dos anos 90, a industria seguiu a frote pola vía do autofinanciamento

En marzo de 1959 tralo triunfo revolucionario en Cuba, aprobáronse unha serie de medidas para promover o desenvolvemento cultural do país. Unha das máis salientables foi a creación do Instiuto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC).

Legalmente este organismo ten como finalidade organizar, establecer e desenvolver a industria cinematrográfica atendendo aos criterios artísticos enmarcados na tradición cultural cubana.

Segundo a lei 169 do 20 de marzo do 1959, «o cine constitúe un instrumento de formación e de opinión da conciencia individual e colectiva polo que pode contribuír a facer máis profundo o espíritu revolucionario e a soster o seu alento creador».

Co tempo, as institucións creadas pola Revolución e dedicadas a fins culturais, comezaron a divulgar o mellor da arte cubana e do mundo.

Durante a década dos 60, o cine cubano viu nacer obras antolóxicas como «Memorias do Subdesarrollo», «A morte dun burócrata» ou «Lucía». Abriuse entón unha brecha cinematográfica que englobaba un cine con vocación social e que se convertiu no que se chamaría Novo Cine Latinoamericano; rompería esquemas e proporía unha nova formas de asumir con orgullo os talentos do cine cubano.

O apoio á cinematografía cubana foi decrecendo a partir da década dos 90 e o financiamiento reduciuse. Pero polo camiño do autofinanciamiento e das coproducións o cine foi obtendo premios internacionais en festivais como Berlín, Sundance, Huelva, Biarritz ou Cartaxena e por suposto na Habana. Revísta Cine Cubano, que se publica nos anos 60, mantense viva como memoria e ollo crítico dun cine que naceu marcado polo compromiso coa arte e a realidade.

A Cinemateca de Cuba, creada polo ICAIC no 1961, é a única do seu tipo no Caribe e unha das máis importantes de América. Foi creada para almacenar un volumen patrimonial enorme, un valioso arquivo histórico fílmico e nas súas bóvedas atópase unha significativa colección estranxeira.

1209 lecturas