«Nun país tan exótico e pequeno como é Panamá, aínda segue soando a gaita»
Non só Arxentina, Cuba, Uruguai ou Brasil foron os países receptores de man de traballadores galegos, tamén Panamá absorbeu a unha gran parte da diáspora chegada de Galicia. O seu obxectivo: participar nas obras de construción dunha gran canle que enlazaría o inmenso océano Pacífico co Atlántico. O historiador Francisco Sieiro fala desta «curiosa» emigración que elixiu «o exótico» Panamá como destino para traballar.
Ler máis sobre isto...
- «Dende sempre consideráronse os inmigrantes como cidadáns de segunda e é un tópico que hai que desterrar. Xa que emigrar enriquece, e máis aínda nun contexto no que a Galicia contemporánea está a recibir inmigrantes, un claro exemplo para mirarnos ao... Máis información
- Para Alonso Roy, membro fundador do Partido Solidariedad de Panamá, «os españois, que viñan ao Istmo, eran homes novos, ben formados, e robustos, noutras palabras, en perfecto estado de saúde e moi aptos para as fortes e angustiosas tarefas das... Máis información