Influencias entre a música galega e cubana e a plasmación no proxecto

A emigración galega en Cuba xugou un gran papel na tradición musical galega e a cubana tanto a través da música popular e de instrumentos populares ata a aportación de compositores galegos con experiencias que quedaron recollidas no proxecto

A música cubana confórmase fundamentalmete a partir de influencias europeas e africanas, as atribuibles aos galegos remóntase a antes do século XIX. O auxe que a inmigración acadou na segunda metade deste século e na primeira do seguinte , manifestouse especialemente na Habana. Neste período de tempo definiránse unha serie de rasgos dunha historia común entre galegos e cubanos e no que a música terá un papel determinante. 

A evolución da música galego-cubana e do seu hermanamento sufriu moitos cambios ata chegar á actualidade onde unha nova xeración de músicos e bailaríns cubanos e galegos volven a ollada sobre composicións antigas cunha ampla libterdade creativa e interpretativa dentro do abano de estéticas sonoras e coreográficas contemporáneas que van desde o Jazz Latino ata o Folk europeo, todo un abano de tendencias que componen o producto de "Descarga ao vivo". 

A simbiose entre a música popular cubana e a galega con xéneros que se traspasaron e autores galegos que aportaron a súa obra ó repertorio cubano tivo o seu máximo apoxeo na segunda metade do século XX tal como comenta o responsable do proxecto "Descarga ao vivo", Ramón Pinheiro: "A principal influencia da música popular galega na primeira metade do século XX foron as influencias latinoamericanas entre as cales, as cubanas son particularmente detectables. A asunción de xéneros como a rumba ou a habanera na música popular galega ou as aportacións realizadas na música coral cubana por figuras como José Castro Chané ou María Muñoz de Quevedo serían algunhas das evidencias máis relevantes do mutuo intercambio e enriquecemento". As cousas cambiaron nos últimos anos; "desde os anos setenta, mudaron moito as circunstancias sociais, económicas e políticas tanto cubanas como galegas. A primacia das influencias latinoamericanas foi deixando paso desde antano ás influencias chegadas do mundo anglosaxón", sinala Pinheiro.

Pinheiro explica así o proceso de asimilación entre as diferentes tradicións musicais: "O permanente proceso de conformación e transformación das músicas populares de cada territorio poderíamos explicalo como a suma de distintas capas nas que por un lado, perviven elementos de distintos momentos históricos á vez que se van sumando outros novos, recombinándose e dando lugar sempre a novas expresións. 

Entre os casos concretos que se encontran dentro da investigación destaca o de "Del Ferrol a la Habana" que narra musicalmente o percorrido feito polo seu autor, o ferrolán Juan Parga establecido na Habana a finais do século XIX e que desempeñou unha labor relevante e contribui ao inicio das experimentacións coas tradicións musicais. A Banda Municipal da Habana estrea mundial do himno galego na capital cubana en 1907 foi dirixida polo mestre cubano Guillermo M. Tomás e ese mesmo compuso o popurrí de Aires nacionales Cuba-Galicia, no que demostrou o gran coñecemento da música popular galega conxugando con ela, melodías cubanas, dando así continuidade a ese espazo de encontro propicio entre a música cubana e galega.. 

As festas celebradas pola importante comunidade emigrante galega asentada en Cuba tiñan como denominador común a gaita. O instrumento convertiuse en símbolo espiritual desta comunidade e a través de grupos como o Quinteto Monterrey fíxose cun oco na tradición instrumental cubana interpretando xotas, muiñeiras e pasodrobes, e mesmo habneiras ou danzóns, un xénero que creado por Miguel Failde, fillo de galego, se converteu nun símbolo do grao de integración, adhesión e compromiso da comunidade galega co pobo cubano de acollida. 

En "Descarga ao vivo" tamén se introduce a simbiosis aportada por diferentes compositores galegos que viviron e compuxeron en Cuba, sumando a súa experiencia na música galega á cubana como son os emigrados emigrados José Castro Chané, José F. Vide e Ricardo Fortes Alvarellos, ou o exiliado Antonio Rodríguez Álvarez. A obra deste autor non tivo moito interese por parte dos investigadores e permaneceu descoñecida para o gran público. Outro dos mitos para a emigración galega en América do Sur que tamén forma parte do proxecto é o violinista Manuel Quiroga que durante as súas xiras polo continente recolleu ritmos e formas musicais populares que empregou nalgunhas das súas obras máis emblemáticas.

1049 lecturas